A campaña 'Uhmm...peixe!', na Semana Náutica de Ferrol

F:GALGASFOTOSGALICIA GASTRONOMICANOVASNOVAS 08UHMM PEIXEOK_INTERIOR_UHMM_PEIXE_1 - copia.jpg
photo_camera F:GALGASFOTOSGALICIA GASTRONOMICANOVASNOVAS 08UHMM PEIXEOK_INTERIOR_UHMM_PEIXE_1 - copia.jpg

Como en anteriores edicións, a Consellería de Pesca leva a campaña "Uhmm... peixe!" ao certame Spinnaker 2008, dentro da cuarta edición da Semana Náutica de Ferrol, dedicada aos deportes náuticos e ao lecer mariño, que se desenvolve ata o domingo día 10 na dársena de Curuxeiras.

O departamento que dirixe Carmen Gallego participará na cita cunha carpa de 50 metros cadrados na que se habilitará un espazo para que os nenos poidan realizar actividades vinculadas ao mundo da pesca e así lograr o obxectivo da campaña, que é promocionar o consumo de peixe entre os máis pequenos. Así, búscase involucrar aos nenos dun xeito lúdico, mediante talleres diarios e a creación dunha área de debuxo.

As actividades están dirixidas a nenos con idades comprendidas entre os sete e os nove anos, que recibirán un agasallo con material específico da campaña por participar nos talleres.

'Receitario'
Os talleres terán lugar entre as 12 e as 14 horas, en horario de mañá; e entre as 18 e as 20 horas, pola tarde. No programa figuran o "Receitario", con diferentes formas de preparar o peixe; "En busca da espiña perdida", de debuxos, ou "Preparo a miña talladiña". A mascota da campaña, "Raspiña", será o eixo temático da realización de debuxos, que se exporán despois na carpa.

A campaña "Uhmm... peixe!" responde á habitual falta de interese dos nenos no consumo de peixe. Este ano, a iniciativa en comedores escolares chega ata 14.000 estudantes, de entre oito e dez anos e pertencentes a 67 colexios de toda Galicia.

Comentarios