A cociña do Balneario de Mondariz, finalista do I Concurso Nacional de Rodaballo

O novo chef do Balneario de Mondariz, Iván Méndez, acaba de quedar finalista no I Concurso Nacional de receitas de Rodaballo organizado polo FROM e a Xunta de Galicia co prato 'Rodaballo confeitado, aceite de pementos asados, torrefacto de oliva negra e gnocci de ourizo de mar'. Á final do concurso, que se celebrou no Centro Superior de Hostalería de Galicia en Santiago de Compostela, chegaron os chefs máis destacados do panorama galego, destancando varias estrelas Michelín, así como varios cociñeiros pertencentes ao grupo Nove que defende a cociña galega de vangarda. O premio consiste na publicación da receita, curriculum do autor e mención ao restaurante, neste caso Baranda do Balneario de Mondariz, no libro que edita anualmente o FROM.
 
O traballo de Iván Méndez, pertencente ao equipo de Henrique Prada, foi recoñecido en anteriores ocasións en diversos certames e xornadas, sendo destacado o pasado verán co Premio Aperitivo Codorniu co prato 'Corneto recheo de bacallau e queixo San Simón en merengue', outorgado no Concurso Cociñeiro do Ano que reúne a chefs de todas as comunidades autónomas.

Comentarios