O xantar en Santa Tegra, acto central da Festa do Monte

F:GALGASFOTOSGALICIA GASTRONOMICAFIESTASfesta do monte a guardaINTERIOR_1_santa_tecla_rias_baixas_1.jpg
photo_camera F:GALGASFOTOSGALICIA GASTRONOMICAFIESTASfesta do monte a guardaINTERIOR_1_santa_tecla_rias_baixas_1.jpg

O xantar multitudinario no Monte Santa Tegra é o acto central da ‘Festa do Monte' que terá lugar a próxima fin de semana no concello pontevedrés da Guarda, ao sur das Rías Baixas.

Dentro da Semana Grande de festexos nesta localidade do Baixo Miño, ademais das festas populares, centradas na Alameda, hai gran variedade de actos culturais, deportivos e folclóricos.

O Sábado haberá desfile de traxes rexionais e actuacións de grupos de gaitas e Bandas Mariñeiras. O domingo terá lugar a tradicional subida ao monte Santa Tegra cara ás 11 da mañá e á unha da tarde unha salva de bombas de palenque anunciará a comida, que se acompañará coa ‘troulada' ao son dos bombos e caixas das bandas.

Despois celebrarase unha Merenda-Cea no Montiño e, como final do programa de actos, a “Baixada”, cando os romeiros abandonan o monte acompañando ás Bandas.

Comentarios