O D. O. Rías Baixas participa cunha caseta propia en Vinis Terrae

O Consello Regulador da DO Rías Baixas participa hoxe e mañá na segunda edición de Vinis Terrae, Salón dos Viños e Licores Galegos, que transcorre en Expourense. Esta denominación conta cunha caseta propia no que os visitantes poderán degustar viño xenérico, amparado por este D.O., así como obter información sobre a denominación. Ademais, este Consello Regulador protagonizará dúas charlas de media hora, consistentes nunha presentación teórico práctica da denominación, concretamente o luns ás 12, 15 h. e o martes ás 10 h., dirixidas aos profesionais nacionais e internacionais que asisten a dita.

Nesta segunda edición está prevista a participación de distribuidores nacionais e internacionais, estes últimos procedentes de 19 países entre os que se atopan Alemaña, Bélxica, Brasil, China, Corea do Sur, Dinamarca, España, Estados Unidos de América, Finlandia, Luxemburgo, Malaisia, Países Baixos, Portugal, Porto Rico, República Checa, Rusia, Suecia, Suíza e Xapón.

Comentarios