A Denominación de Orixe Ribeira Sacra acode a Gourmets

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra participa de novo no Salón Internacional do Club de Gourmets de Madrid, un evento de obrigada referencia para a promoción nacional e internacional.

Deste xeito Ribeira Sacra continúa coa súa campaña promocional neste 2009, logo da súa participación en Xantar, na campaña Santiago Repetirás e proximamente a asistencia a Fenavin e Vinis Terrae.

O establecemento con novos clientes e a consolidación de relacións cos xa existentes é unha das tarefas máis ambiciosas de Ribeira Sacra e o xeito de conseguilo é non faltando ás grandes citas, como esta en Madrid.

Comentarios