A Dieta Atlántica, a debate

Logotipo de ASGAEDA
photo_camera Logotipo de ASGAEDA

Baiona acollerá entre os próximos días 13 e 15 de novembro a Quinta Reunión Internacional sobre a Alimentación e a Nutrición no Século XXI.

Neste encontro daránse cita preto de 40 expertos de Galicia, resto de España e países como Alemaña, Brasil ou Estados Unidos, para falar sobre cuestións como a alimentación e a vida saudable, os trastornos relacionados coa nutrición ou a chamada Dieta Atlántica. Ao mesmo tempo terá lugar a doudécima reunión científica da Sociedad Española de Nutrición (SEN).

A reunión de Baiona abrirase coa conferencia 'Un científico na cociña', a cargo de Ramón Núñez Centella, Director do Museo Nacional de Ciencia y Tecnología. A continuación empezarán a desenvolverse as mesas e relatorios sobre 'Actividade física e vida saudable', 'Trastornos da conduta alimentaria', 'Nutrición artificial' ou 'Medios de comunicación e dieta atlántica'.

Este encontro internacional está organizado pola Asociación Galega de Estudos da Dieta Atlántica (ASGAEDA) e a Sociedad Española de Nutrición, coa colaboración das fundacións Española de la Nutrición, de Estudios Metabólicos e da Dieta Atlántica da Universidade de Santiago.

Comentarios