A D.O. Rías Baixas organiza unhas xornadas sobre viños espumosos

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas organiza unha xornada sobre viños espumosos, na que participarán uns corenta profesionais da cata, entre eles todos os integrantes do Panel de Cata do CRDO. Durante esta sesión, estes profesionais farán un primeiro achegamento aos viños espumosos, coñecendo o seu proceso de elaboración así como aqueles valores que os distinguen á hora de catalos.

Desde o pasado mes de xullo, Rías Baixas conta cun novo regulamento que introduce a posibilidade de producir viños espumosos amparados pola denominación de orixe. Esta xornada, que é un achegamento destes profesionais ao mundo do viño espumoso, celebrarase no Pazo de Mugartegui.

A charla será dada por Christophe Gerland, un enxeñeiro microbiólogo e enólogo que está considerado como un dos maiores especialistas en espumosos a nivel internacional.

Comentarios