A DO Ribeiro aproba as normas para a vendima do 2008

Vino tostado de O Ribeiro (Foto: DO Ribeiro)
photo_camera Vino tostado de O Ribeiro (Foto: DO Ribeiro)

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro aprobou as normas para regular a campaña da vendima para o 2008, unha normativa que non ten variacións importantes con respecto a anos anteriores.

Ademais, o consello regulador contratou ao redor de 35 veedores para o control de todo o proceso na vendima. A aprobación tivo lugar no pleno ordinario celebrado polo C.R.D.O Ribeiro.

O pleno tamén aprobou os prezos estipulados para os precintos que garanten a orixe e a calidade dos viños da denominación de orixe, axustados á realidade regulamentaria actual.

O presidente do Consello Regulador do Ribeiro, Luís Anxo Rodríguez Vázquez, informou da presentación da proposta dun plan de marketing realizada pola empresa Eurogap, no que incluíu estratexias e accións promocionais para os próximos tres anos. Para rematar, informou do convenio de cooperación coa comisión de seguimento do contrato homologado.

Comentarios