A Festa dá Troita bate marcas

Foi todo un acerto prolongar durante unha tarde máis a degustación da Festa da Troita. O evento culinario bateu nesta edición marcas. A comisión organizadora repartiu preto de 4.000 racións de peixe, que se serviu en escabeche e frito. Os comensais decantáronse pola primeira especialidade.

En total cociñáronse 720 quilos, os que a organización tiña preparados, nin máis nin menos. ás 20.30 horas a carpa tívose que pechar, a pesar de que aínda había xente esperando na cola para degustar a rica troita.

Pero xa non había máis pescado para cociñar. “Batemos marcas. Repartimos máis do dobre de racións que outros anos. Foi un acerto que as vendas sigueran pola tarde de onte. Para ou ano xa sabemos que teremos que comprar máis peixe”, sinalou un dos organizadores do evento, Enrique Lafuente. Calcula que durante todo o fin de semana que durou o evento gastronómico máis de 5.000 persoas achegáronse ata o recinto festivo, instalado no centro do municipio de Ponte Caldelas. A organización tivo sorte coa meteoroloxía.

O tempo deu unha tregua na última xornada, o que propiciou que máis xente acudise á cita culinaria; os que xa tiñan previsto acudir onte e os que non o fixeron o sábado por culpa da intensa choiva.

25/05/2008

Comentarios