Que facer cas cabazas que sobreviven ó Samaín?

Xavier Castro, autor de "Yantares gallegos"
photo_camera Xavier Castro, autor de "Yantares gallegos"

O "resucitador" do Samaín, Rafael López Loureiro, viviu a elaboración de caliveras cos "melons" (nome das cabazas de cor laranxa en Cedeira) tras valeiralas, colocarlles pauciños como dentes e una candea encendida no interior, para espantar ós malos espíritos nas noites de transición entre o alumeado verao e o oscuro inverno e esa permanencia nas suas lembranzas da infancia, animouno a rehabilitar a festa.

O Samaín rehabilitado en Cedeira fai 20 anos


López Loureiro explicou a GG, e antes  no seu libro "Samaín: A festa das caliveras" (Ir Indo Edicions. 2003) que foi na casa onde se desencadearon miles de lembranzas vencelladas ó Samaín da sua infancia.

"A miña filla chegou un día a casa das clases de inglés e me falou da festa Halloween, como unha tradicion celebrada en Estados Unidos no Día dos Defuntos, pois así llo explicou a sua profesora canadense".

Nese momento, Rafael explicou a sua filla a vivencia propia na que cada ano os nenos facían caliveras de "melón" con aspecto fero e as colocaban nos recunchos, sobre as silveiras e nas fiestras para asustar ós nenos de outras rúas, ás mulleres que voltaban do Rosario e a calqueira mal que así quedaría alonxado da casa.

"A mascarada norteamericana non ten sentido en Galicia pero sí a mesmo orixe, nuna celebración presente en toda a zona de influencia celta de Europa, dende Irlanda -de onde viaxou a Estados Unidos e Canadá- até Galicia, pasando por todo o norte de España", explicou.

"Cando fun conscente de todo eso propuxenme actuar como profesor, como artista e como investigador e atopei complicidade na Asociación Cultural Chirleteira, agora inactiva, e postos cas maos á obra, organizamos actividades didácticas e até un Congreso de etnoarqueoloxía céltica, fai 4 años", agregou.

Vinte anos despois de "resucitar" a festa na costa coruñesa, toda unha xeración natural de Cedeira coñece o Samaín tal como o celebraron os seus pais e avós e, nese tempo, López Loureiro animou e axudou a mesma recuperación en outras vilas e cidades, como Ourense onde un obradoiro para tornar cabazas en caliveiras e a procesión posterior, cumpliron a sexta edición.

Lugares para a memoria do Samaín


Veciños idosos en Noia, Catoira, Cedeira, Muxía, Sanxenxo, Quiroga, Ourense e entorno rural, lembran aínda a celebración dunha festa que cuadra co día de Defuntos e Todolos Santos, con variantes, pero sempre ca presencia das caliveras feras feitas con cabazas, melons en Cedeira, calacús nas Rías Baixas, bonecas de remolacha en Xermade (Lugo), abóboras na rexión lusa de Tras-Os-Montes, "parramantas" en Cáceres e tamén nos arredores de Madrid e na Rioxa, entre outros lugares.

Samaín orixinal, antes da memoria aínda viva


Textos reunidos por López Loureiro de estudosos como Ramón Otero Pedrayo, B.G. Fernández-Albalat, Henri Hubert, Françoise Le Roux, Florentino López Cuevillas, Manuel Mandianes de Castro, Vicente Risco e outros recollidos na bibliografía do seu libro, aluden ó Samaín inicial como tempo que marca o fin do verao e festa da clase guerreira para dar paso ó mundo das tebras e a parte máis oscura do ano.

Na festividad más antiga do Samaín usábanse os cráneos dos inimigos vencidos na batalla para alumealos e poñelos nos valados dos castros, e dela queda constancia documental en Irlanda.

Otero Pedrayo adicou un texto da revista Nós á festa dos mortos en Irlanda "superposta simplemente á antiga de Samaín" e refirese ás catro festas-asambleas que marcaban o ritmo do ano celta e que eran en febreiro "Imbolc", en maio "Beltaine", en agosto "Lugnasad" e en noviembre "Samaín". A data era sempre o primeiro día do mes pero as festas comezaban quince días antes e duraban até quince días despois.

No tempo atribuido ó Samaín céltico, perviven hoxe en Galicia os magostos e as procesión de caliveras de cabaza, agora reactivadas.

A festa do Samaín tamén é, segundo algún dos investigadores, aquela na que o tempo e o espacio se confunden e se desdibuxan os límites entre mundos: os mortos aparecense no territorio dos vivos e os vivos se meten nos fogares dos mortos, polo que Samaín fai de bisagra entre o mundo humano e o cosmos divino.

Como aparece a cabaza-calivera?

Os cráneos de inimigos alumeados tornaron en cabazas talladas con caras geras e unha luz no interior e esto só foi posible trala chegada de esa planta cucurbitácea a Europa, dende os países de orixen de México, Centroamérica e Perú.

A chegada da cabaza ás casas e lareiras galegas foi estudada polo catedrático de Historia Contemporánea Xavier Castro Pérez, que adicou varios libros ós alimentos galegos como "Yantares gallegos. Historia de la dieta Atlántica" (USC 2010) y "A rosa do viño. Cultura do viño en Galicia" (Galaxia 2009), entre outros.

Castro explicou a GG que a cabaza chegou a Europa no século XVI e moi pouco a pouco foise introducindo nas lareiras, onde quedou para formar parte de pratos como cocidos, chourizos e repostería.

"Hai constancia da sua existencia no século XVIII na horta do Pazo de Oca (A Estrada-Pontevedra), onde convivía con espárragos, chícharos e outras verduras utilizadas en cocidos, nos que a cabaza estaba co nome de mangueta", aclarou.

Que nos den cabazas...pra xantar

Castro ten constancia de dous pratos elaborados con cabaza en repostería que gozan de gran popularidad e son as "chulas" o rodas da cucurbitácea envovidas en masa de fariña e ovo e asadas no forno ou fritidas na tixola, e un pastel de "mangueta" que en receita para catro persoas, leva un kilogramo de cabaza, a mesma cantidade de fariña, 100 gramos de zucre e 2 ou 3 ovos nos que as craras se baten aparte, a punto de neve, para misturalas logo co resto dos ingredintes e poñer no forno durante 40 minutos.

A apariencia final deste pastel é o de unha torta de queixo e a sua receita se conserva hoxe na península do Morrazo.

López Loureiro recuperou non só os antecedentes e memoria do Samaín senon tamén os usos culinarios da sua protagonista, a cabaza ou melón tal como se lle chama en Cedeira.

Así, recolle no seu libro las referencias dadas por Xoaquin Lorenzo "Xocas" sobre a cabaza nos chourizos ceboleiros, e outras de guisos dos Ancares, no caldo de melón de Monfero e nas papas de melón do "bar do Ramón" de Cedeira fefitas polas irmás Iris (finada ós 91 años) e Lala, viva e con 88, ás que López Loureiro califica como "druidesas das salsas e transmisoras dunha cociña cantábrica que garda nos seus prebes o sabor dos sabores e o recendo de todos os olores".

A receita, segundo profesor-artista inclúe unha cabaza o melón maduro, pelado e cortado como se fai cas patacas para o caldo, se cubre de auga e se deixa cocer ca pel dun limón e una pola de canela. Cócese ben, esmágase con unha ferrada (escumadeira) e se lle engade leite, unha cullerada de manteiga e zucre ó gusto do comensal. Cando volta ferver engádese fariña ós poucos até conquerir unhas papas que nos estén nin moi duras "nin moi escagharriñadas", según as palabras das irmás cociñeiras, recollidas por Pérez Loureiro.

Comentarios