A Fundación Amancio Ortega ofrece 500 bolsas para estudar nos Estados Unidos e Canadá

Este programa abrirá o vindeiro luns o prazo de inscrición da súa convocatoria para o curso 2016-2017, dirixido a alumnos de cuarto de ESO de centros educativos españois que queiran cursar primeiro de Bacharelato en Estados Unidos ou en Canadá

A Fundación Amancio Ortega aumentou a 500 o número de bolsas para estudar primeiro de Bacharelato en Estados Unidos e Canadá o próximo curso, das que 80 destínanse a alumnos de Galicia e as demais ao resto de estudantes doutras Comunidades autónomas.

Este programa abrirá o vindeiro luns o prazo de inscrición da súa convocatoria para o curso 2016-2017, dirixido a alumnos de cuarto de ESO de centros educativos españois que queiran cursar primeiro de Bacharelato en Estados Unidos ou en Canadá, informa a Fundación Amancio Ortega nun comunicado.

Os 500 seleccionados convivirán durante un ano escolar cunha familia de acollida e cursarán un grao equivalente a primeiro de Bacharelato en centros educativos locais, co obxectivo de proporcionar aos estudantes unha inmersión completa na cultura estranxeira e impulsar a súa aprendizaxe do inglés.

A bolsa cobre o 100 % do custo do curso escolar.

Comentarios