Beatriz Sotelo levará a galiña piñeira a Madrid Fusión

Beatriz Sotelo (Foto de archivo: EPL)
photo_camera Beatriz Sotelo (Foto de archivo: EPL)

A galiña piñeira será protagonista o martes no certame gastronómico Madrid Fusión na que intervén a cociñeira Beatriz Sotelo, segundo informou o Colexio oficial de veterinarios da Coruña, autor dun proxecto de recuperación desa especie autóctona galega.

A cociñeira, gañadora do título cociñeira do ano en España 2008 é a representante de Galicia nese certame internacional, precisou o Colexio.

Sotelo, copropietaria do restaurante A Estación de Cambre, ofrecerá un aperitivo de canelón de galiña piñeira con trufa e a variedade de cogomelo trompeta dos mortos.

17 petiscos
A cociñeira galega lidera un equipo integrado por outros sete profesionais e unha representación do Centro superior de hostalería en Santiago de Compostela.

O equipo foi encargado de preparar a degustación matinal composta por dezasete petiscos diferentes para uns 1.500 dos asistentes ao certame Madrid Fusión.

A fundación Acivega, dependente do Colexio de Veterinarios de Galicia, encargada da recuperación de galiña piñeira forneceu un total de vinte exemplares para esta ocasión.

Trátase dunha especie de talla mediana, de 2 a 2,5 quilogramos, con crista rosa, e patas e pico amarelos que figura como unha curiosidade gastronómica que podería alcanzar un status parecido de raza especial que xa ten a galiña de Mos, segundo Acivega.

Comentarios