A gastronomía galega, presente na Festa Marítima de Brest

C:Documents and Settingsivan.pineiroMis documentosMis imágenesINTERIOR_bretaña.jpg
photo_camera C:Documents and Settingsivan.pineiroMis documentosMis imágenesINTERIOR_bretaña.jpg

A gastronomía galega estará presente na Festa Marítima Internacional de Brest, na Bretaña francesa, que terá lugar entre os días 11 e 17 deste mes de xullo.

Galicia ocupará neste evento un lugar central de 1.500 metros cadrados, no corazón mesmo do conxunto da Festa e nun espazo moi visible para dar unha mostra da cultura marítima da nosa Comunidade, todo isto coordenado pola Xunta, a través das consellerías de Cultura e Deporte e do Medio Rural. Nese espazo, Galicia terá unha programación diaria de actividades que se intensificará na xornada do 16 de xullo, o ‘Día de Galicia' dentro desta celebración.

Para dar a coñecer a cultura gastronómica galega e como parte da ambientación do espazo da nosa Comunidade, haberá un servizo de restauración con pratos tradicionais galegos. Asociado a esta oferta, Galicia disporá dun lugar para mostrar e promover produtos gastronómicos de calidade.

Viños, queixos, carnes e conservas de calidade de Galicia terán o seu protagonismo nesta feira a través dun espazo expositivo e os visitantes terán tamén a oportunidade de degustalos.

Cada catro anos
Desde o ano 1992 e cada catro anos a cidade bretoa de Brest acolle o maior evento marítimo do mundo: a Festa Marítima Internacional de Brest.

Embarcacións tradicionais, antigas, clásicas e actuais de países de todo o mundo deixan os seus portos de orixe para dirixirse a Brest. Todo o porto desta cidade duns 150.000 habitantes participa na celebración. Algúns datos que amosan a importancia desta festa:

  • 1 millón de visitantes
  • Máis de 2.000 embarcacións de 30 países.
  • 15.000 mariñeiros.
  • 6.000 voluntarios.
  • 800 xornalistas acreditados de todo o mundo.

Comentarios