Á grella

Ingredientes

  • Patacas.
  • Polbo.
  • Sal.
  • Pemento.
  • Unha cabeza de allo.
  • Aceite de oliva virxe.

Elaboración

Lavar e cocer o polbo nun caldeiro de cobre. Unha vez cocido, sácase da auga e ábrense un par de tentáculos á metade, cortados ao longo. Estas catro metades sálganse e levan á grella ata que queden ben douradas por ambos os lados. Por outra banda, nunha cazola de barro ben quente faise un fondo con pataca cocida cortada en toros non moi finos e refóganse estas cunha allada galega composta por aceite de oliva, pemento e allo e, a continuación, colocar enriba o polbo previamente marcado na grella.

Tamén se lle engadirá un pouco de allada por enriba, e con iso o prato estará listo para degustar. Débese tomar moi quente e, por iso, a mellor forma de levalo á mesa será cando aínda estea a ferver.

Comentarios