Só marisco de mediodía a medianoite

marisco1.jpg
photo_camera marisco1.jpg

A sede da Asociación de Redeiras de Burela, na antiga lonxa do porto, transformarase o día 28 de agosto nun gran comedor no que billetes de 20 euros -18 se se mercan nos días anteriores- equivalerán para os visitantes a unha bandexa con 2 nécoras, medio quilogramo de percebes, 4 cigalas, berberechos e mexillóns.

Promoción da Mariña a través da súa gastronomía

A costa lucense conta xa con varias celebracións baseadas en degustación de diferentes mariscos, pero de produtos concretos, segundo explicou a GG a organización da primeira Festa do Marisco de Burela.

O día 8 de agosto, visitantes, veciños e degustadores de marisco atoparanse no porto de Burela a posibilidade de comer cinco mariscos diferentes combinados en bandexas que se servirán durante doce horas sen interrupción e acompañados pola música tradicional do cuarteto local "Sal de Celga".

  As empresas, colectivos de armadores e pescadores e institucións que impulsan a estrea desta festa queren, segundo o portavoz da organización, que permaneza no calendario da Mariña lucense para promocionar os 16 municipios da comarca a través da súa gastronomía e para iso proponse celebrar a festa cada ano e nun municipio costeiro cada vez.

Así, a Festa do Marisco da Mariña podería ir rotando cada ano entre os municipios costeiros de Lugo.

Once pioneiros para unha nova festa

A festa xurdiu do acordo entre o grupo de comunicación "O Progreso",  os colectivos Armadores de Burela S.A. (Abasa), a Confraría de Pescadores, empresas como Peixes Rubén, Cetaria de Burela, restaurante "Palacio de Cristal", distribucións "Carreiras", publicidade "Logaidea" e as promotoras "Os Molinos", "Chave de Ouro, O Catalán" e "Mon", a Deputación de Lugo, o Concello de Burela.

Comentarios