A troita recibe a súa merecida homenaxe o día 1 de maio na Pontenova

pa fuera.jpg
photo_camera pa fuera.jpg

Cruzada de Norte a Sur polo río Eo, todos os anos A Pontenova congrega por centos de afeccionados á pesca co seu concurso, que este ano alcanza xa o seu vixésimo sétima edición. A visita cultural do primeiro de maio faralle descubrir entre outros os antigos altos fornos e o val do Eo dunha particular beleza. A pureza das augas deste río é o que fai que as súas troitas posúan un sabor e unhas peculiaridades que a diferenza das doutras correntes menos precipitadas.

A Festa da Troita celébrase desde 1978 por iniciativa dos veciños, que desta forman pretenden render homenaxe ao río Eo. O punto principal da festa é a degustación de troitas, que se vende a un módico prezo o prato e acompáñase con pan e viño.

Tamén é recomendable o certame de pesca, incluído no circuíto europeo, e cita obrigada para pescadores de todas as idades que queiran practicar a pesca e facerse co maior número de pezas posibles.

Esta marabillosa festa está declarada de interese turístico.

A festa da troita da Pontenova preséntanos a posibilidade de aglutinar as sensacións dun deporte tan relaxante como a pesca, coa animación e a compañía máis agradable, sen esquecer, a degustación dese delicioso manxar acompañado de perexil e xamón...

Comentarios