A uva 'branco lexítimo' pode producir bos viños en Galicia

C:UsersippPicturesGALGASNOVASCATA branco lexitimoINTERIOR_cata_blanco_legitino_2.JPG
photo_camera C:UsersippPicturesGALGASNOVASCATA branco lexitimoINTERIOR_cata_blanco_legitino_2.JPG

A variedade de uva branco lexítimo “pode chegar a producir bos viños na nosa Comunidade”, segundo Afonso Losada, Xefe de Enoloxía da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega).

Así o explicou este experto durante a cata de viños desta variedade celebrada hoxe no Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG), coa participación da Asociación Galega de Catadores.

Segundo Afonso Losada, os caldos elaborados con esta uva (tamén chamada raposa) nas zonas costeiras de Betanzos e Barbanza teñen moitas posibilidades, xa que esta variedade non necesita moita insolación e presenta un “potencial aromático moi interesante, de cheiros amoscatelados e a froita de forte intensidade”.

De feito, este especialista da Evega chega a afirmar que os caldos desta variedade, escasos e actualmente catalogados como “viños da terra”, poderían ata incorporarse no futuro a algunha das denominacións de orixe galegas.

Viños comerciais e experimentais
A cata desenvolvida hoxe no CSHG fíxose con cinco viños comerciais e outros catro experimentais, elaborados pola Evega. Tal e como explicou tamén Afonso Losada, trátase dunha iniciativa realizada en colaboración coa Fundación Juana de Vega “para ver a potencialidade desta variedade, contando coa Asociación Galega de Catadores”.

Este colectivo de especialistas en cata define o branco lexítimo como unha variedade “autóctona, de ciclo temperán, que se atopa na costa da provincia da Coruña e que conta cunha altísima calidade”.

Comentarios