La Val fermentado en barrica 2007

LRE1806P8F3-2.jpg
photo_camera LRE1806P8F3-2.jpg

Zona: Rías Baixas. Colleita: 2007. Maridaxe: Ragout de vieiras con lagostinos. Graos: 12.5% vol. Temperatura de consumo aconsellada:

A aposta que marcou o rumbo de adegas A Val foi a procura da calidade mediante o abastecemento de uva de viñedos propios e a tecnoloxía aplicada ao proceso. Así, cos seus 57 hectáreas de viñedo e 7.000 metros de instalacións, parte do camiño está xa andado.

Pero é preciso recordar tamén o traballo que a adega está a facer para entrar en novos mercados, así como o plan de mellora e modernización acometido, co obxectivo de adaptarse ás esixencias dos consumidores.

Unha boa mostra de todos estes logros é La Val Albariño fermentado en barrica 2007.

Cata
Presenta unha cor amarela ouro de intensidade media-alta con reflexos verdosos.

En nariz ten aromas de boa intensidade, aínda que destacan os cítricos e tropicais, pero tamén de crema e bolería sobre os tostados que achega a barrica.

En boca mostra unha boa estrutura, acidez viva, frescor, froita e toques de madeira, que dan paso a un final moi longo.

Comentarios