Histórica vendima do D.O. de Monterrei

monterrei_vendima_col1.jpg
photo_camera monterrei_vendima_col1.jpg

A Denominación de Orixe de Monterrei colleitou neste 2009 máis de 2.000.000 de quilos de uva, o que supón un incremento do 51,5 % con respecto á vendima do pasado ano. Ademais, trátase da D.O. vitivinícola galega que experimentou o maior aumento na produción de uva.

Iniciada o 8 de setembro, a vendima na D.O. de Monterrei finalizou o pasado 16 de outubro. Así as altas temperaturas alcanzadas a partir da segunda quincena do mes de agosto e durante todo setembro, así como a ausencia de precipitacións, favoreceron á calidade das uvas que entraron nas súas adegas. Estas condicións climáticas foron particularmente favorables para a concentración de aromas, e a acumulación de antocianos (polifenoles responsables da cor nos viños tintos).

Por outra banda, o nivel de alcol sitúase ao redor dos 13,5 graos, pero o bo equilibrio alcol-acidez fai que, do mesmo xeito que nos últimos anos, a calidade esperada dos viños desta campaña sexa novamente excelente, tanto en brancos como en tintos.

Durante a vendima 2009, na que participaron 25 adegas, as primeiras variedades vendimiadas foron Godello, Dona Branca e Albariño en brancas e Bastardo e Mencia en tintas, destacando que nas variedades tintas a maduración da pel e das pebidas (fenólica) foi este ano superior á alcanzada na pasada campaña.

Comentarios