A verdura do mar chega a Antas de Ulla

Un momento de las clases prácticas (Foto: MOURIÑO)
photo_camera Un momento de las clases prácticas (Foto: MOURIÑO)

O establecemento rural Casa del Alba, de Santiso, en Antas de Ulla, acolle este fin de semana unha serie de actividades formativas para aprender a cociñar con algas. Estas verduras de mar non teñen secretos para Eugenio García González, que onte dirixiu un taller de elaboración de receitas vegetarianas.

Os asistentes aprenderon a preparar diversos pratos, algúns tan tradicionais como o caldo galego, guiso de garavanzos ou ensaladas, arroces e pastas, aínda que coas algas como ingrediente.

Eugenio García presentou aos seus alumnos os tipos de algas máis habituais, que se poden atopar tanto secas como salgadas, en conserva ou colleitalas frescas no mar. Explicou que o consumo desta «verdura de mar» non é moi habitual en Galicia, aínda que si noutros países, onde se exportan desde aquí. Destacou que teñen moitas vitaminas, que se poden comer con tranquilidade porque non hai ningunha venenosa e que se poden colleitar porque son gratis».

O seu emprego achega ás comidas «un sabor moi mariño», detalle que puideron apreciar os asistentes ao curso de onte, que degustaron os pratos que cociñaron durante a mañá.

Casa de Alba ofreceu a posibilidade aos participantes de pasar todo o fin de semana no establecemento e participar na elaboración dos menús que se sirvan durante estes días, que introducirán as algas como ingrediente. O obxectivo é que os aprendices de cociña asimilen coñecementos prácticos.

Estas actividades congregaron en Antas de Ulla a persoas chegadas de distintos puntos de España, interesadas polo uso culinario das algas e a maioría desconocedores do produto.

Comentarios