Lalín vive o domingo o día grande da XLI Feira do Cocido

cocido_lalin_dentro.jpg
photo_camera cocido_lalin_dentro.jpg

O Concello de Lalín espera recibir ao longo do próximo domingo día 15 a visita de miles de persoas, con motivo da celebración da XLI Feira do Cocido. Nesta edición, o xornalista e locutor Carlos Alsina será o encargado de ler o pregón a partir das 12.30.

Tralo saúdo inicial, celebrarase o X Capítulo Xeral da Encomenda do Cocido, que nesta ocasión situarase en preto de 130 compoñentes, ao incorporar a oito novos comendadores: entre eles o propio pregoeiro, o escritor Carlos Reigosa.

Trala lectura do pregón, seguirá o desfile de carrozas e comparsas, no que tomarán parte un total de 28 agrupacións e que contará coa actuación inicial da Banda de Música de Lalín. Os actos terminarán coa comida oficial, que por primeira vez na historia da festividade será de pago.

'Lalín Pork Art' o sábado
O sábado, inaugurarase a Lalín Pork Art, unha exposición que pretende promocionar Lalín como imaxe de marca. En total, serán 26 os porcos que comporán esta exposición que estarán patrocinados por diversas firmas e decorados por artistas plásticos de toda Galicia.

Tamén na xornada do sábado, terá lugar o Divercocido, que acollerá diversas actividades dirixidas aos máis pequenos, como talleres de disfraces e de pintura ou inchables.

Ademais, Filmax invitará a todos os participantes á proxección da película de debuxos animados 'Pérez 2, o ratiño dos teus soños'.

Comentarios