Lamprea en sangue estilo Arbo


Ingredientes:

- Unha lamprea grande limpa e eviscerada
- Unha cebola mediana picada
- 2 dentes de allo
- Unha cucharada e media de café de pemento doce
- Unha cucharada de café de pemento picante
- 3 ramas de perexil picadas
- Medio vaso de viño branco albariño ou ribeiro
- Media loncha de touciño picado
- Medio vaso de aceite de oliva
- Pementa negra
- Sal

(Para o adobo)
- O sangue da lamprea
- 300 cl de viño tinto (ribeiro ou condado)
- Un chorro de viño tinto
- 2 dentes de allo
- 3 ramas de perixel
- Un belisco de sal groso
- Uns grans de pementa machadados
- Unha folla de loureiro

Modo de preparación:
- Marinado

Unha vez estea limpa e eviscerada a lamprea, mesturar o sangue co viño tinto. Facer no morteiro unha pasta co sal, os allos e o perixel e reservar todo.

Colocar a lamprea nun recipiente no que o líquido do adobo a cubra, untarla coa pasta de allo e perixel e regala coa mestura de viño e sangue. Deixala neste adobo durante 24 horas.

- Sofrito
Nun recipiente acorde ao tamaño da lamprea, quentar o aceite e pochar a cebola e o allo. Despois, engadir o touciño, ata que se poña transparente Revovler lentamente para que non se queime.

Engadir o perexil e revolver de novo para botar o viño branco. Deixar ferver ata que a cebola se confeite, sen queimarse.

- Cocción
Sacar a lamprea do adobo, secala e engadila, volta e volta, ao sofrito da cazuela. Unha vez ben empapada no sofrito, regámolo todo co adobo e subimos a temperatura de cocción ata a ebulición.

Unha vez ferva, engadir sal e pementa recentemente moída. Tapar a cazuela e deixar cocer durante uns 15 minutos por cada lado. Compobar se o peixe está cociñado picándoo cunha brocheta. O punto de cocción xusto é cando está firme sen que chegue a crujir baixo o dente.

- Salsa
Cando a lamprea este ao momento, pasala a outra cazuela, trocearla, regala cun cucharón do líquido da cocción e mantela quente a lume moi suave.

Reducir o resto do líquido, pasalo por un chino e darlle o punto de pemento picante, pementa e sal. Darlle outro hervor e bañar a lamprea con esta salsa.

Comentarios