Lagostinos

O lagostino é un crustáceo alargado de delicioso sabor que se atopa en case todos os mares do planeta. En España resulta apreciado como prato único e é moi utilizado en momentos especiais, como a celebración dalgún tipo de festividade. Con todo, tamén se pode empregar en ensaladas, pastas e incluso en moitos pratos como a paella de mariscos ou a zarzuela de peixe.

Ingredientes

  • Dous lagostinos
  • 50 gramos de arroz.
  • Medio litro de aceite
  • Un cuarto de litro de nata
  • 70 gramos de queixo
  • Un ovo.


Elaboración
Lavamos o arroz ata quitar todo o almidón. Posteriormente, cocémolo en auga abundante durante vinte minutos e escorremos. Deixamos o arroz ben estirado nunha placa e metémolo no forno a 65 graos ata que estea totalmente seco.

Acto seguido, pelamos os lagostinos e cravámolos nun escarvadentes. Rebozámolos no ovo e despois no arroz. Despois botámolos no aceite ben quente e, cando o arroz estea inflado, retirámolos. Pomos nata e queixo a reducir e, cando estea, regamos por encima os lagostinos.

Comentarios