Larsa apoia ao consumidor en tempos de crise

''Nós apostamos por Galicia ¿E ti?'', é o claim da última campaña publicitaria que LARSA acaba de estrear para comunicar o seu apoio a
os consumidores en tempos de crises con dúas accións: unha nova promoción regalo de 2 litros pola compra de cada pack de 6 e, durante o mes de xullo, unha importante redución do prezo do leite.

O obxectivo de Larsa con ambas as promocións é abaratar a cesta da compra para axudar ás persoas a soportar a situación de crise. Unha proba máis da aposta da marca por Galicia que, ademais de contribuír con dúas promocións diferentes ao aforro dos fogares, mantén a súa produción láctea e emprego na rexión.

Realizada por Imaxe, a nova campaña de Larsa estará presente nos medios con anuncios de 20'' e 10'' en TVG, Antena 3 e TVE ata o 30 de xuño. Pola súa banda, do 1 ao 15 de xullo, emitirase o mesmo anuncio cunha variación na mensaxe da promoción que, neste segundo período, será unha baixada de prezo do leite. Ambas as promocións comunicaranse tamén no punto de venda e no programa radiofónico ''Almorzos saudables''.

LARSA

Larsa ofrece produtos lácteos elaborados coa calidade e a tradición de
sempre, que contribúen a manter unha vida sa e equilibrada. LARSA ha
experimentado unha modernización no seu posicionamento como marca saudable
de Galicia que se adapta cos seus produtos, formatos e ton de comunicación a
os estilos de vida dos galegos durante os últimos 75 anos.

Comentarios