As botellas da adega Rosalía de Castro preparadas paracelebrar o ''Día do Libro''

pa fuera.jpg
photo_camera pa fuera.jpg

Continuando coa iniciativa lanzada o ano pasado a adega Rosalía de Castro repartirá con motivo da celebración do Día do Libro centos de botellas da súa albariño Rosalía de Castro nas principais librerías galegas. Esta orixinal proposta leva camiño de converterse en toda unha tradición pois son cada vez máis libreiros os que deciden unirse a esta maridaxe entre viño e literatura.

Para festexar o Día Internacional do Libro o próximo 23 de abril todos aqueles que se acheguen ás librerías adheridas a esta orixinal iniciativa e adquiran libros por un importe superior a 25 € serán obsequiados cunha botella do veu Rosalía de Castro e un marcapáginas promocional. Desta forma a adega de Rías Baixas Rosalía de Castro quere colaborar na promoción e divulgación do pracer da lectura xunto a case 30 librerías galegas que se suman a esta curiosa unión do viño coa literatura.

Algunhas solicitaron expresamente poder integrarse na proposta da adega e incluso incluíron as botellas deste viño de tan literario nome como parte da decoración dos seus escaparates especialmente deseñados para este día.

Rosalía de Castro repite a iniciativa que resultou un éxito rotundo o ano pasado cando se repartiron centos de botellas entre os lectores galegos.

As librerías que se sumaron a esta iniciativa son máis de 30 e repártense entre as cidades da Coruña (Fnac, Casa do Libro, Couceiro Librerías, Librería Formatos, Librería Areas, Librería Sisargas, Librería Xiada,); Padrón (Libería Sar); Vilagarcía (Librería Nobel); Pontevedra (A Pipa de Prata, Librería Baroja, Librería O Pobo, Librería Paz, Michelena); Santiago (Encontros, Librería Abraxas, Librería Follas Novas, Librería Fonseca, Universitas), Ferrol (Central Libera), Lugo (Librería Souto), Ourense (Librería Stylo) e Vigo (Casa do Libro, Librouro)

Comentarios