Leccións maxistrais

Os irmáns Xosé e Xoán Torres Cannas impartirán varios cursos na aula de Cociña de Caixanova, en Vigo. Ambos son os responsables (chef e catador, respectivamente) do restaurante Pepe Vieira-Camiño da Serpe, situado en Poio (Pontevedra) e integrado no Grupo Nove, de novos chefs galegos.

O primeiro dos cursos a cargo de Xosé T. Cannas será “Cociña para Independentes”, dirixido a quen queira iniciarse nunha cociña sinxela, con solucións fáciles. Terá lugar en outubro.

Para os profesionais da hostalaría impartirá o curso  “Cociña ao baleiro”, que se desenvolverá os luns do mes de novembro. Unha última opción é  “Cociña de festas”, adecuada para aquelas persoas que queiran impresionar aos seus invitados nas celebracións do Nadal. Este curso será os días 1 e 2 de decembro.

Xoán T. Cannas será o encargado doutra proposta da aula de Caixanova: “Introdución á Cata de Viños”. Nariz de Ouro 2004 ao mellor catador de España, Xoán Cannas mostrará neste curso as técnicas da cata de viños. O contido do mesmo baséase na análise sensorial; a vide: morfoloxía, cultivo, variedades; a elaboración dos viños; a xeografía vitivinícola e o servizo do viño. Ofértanse dúas opcións para a realización deste curso, unha no mes de outubro e a outra en novembro.

A aula de Cociña Caixanova acollerá ademais nos próximos meses outros cursos, como: “Cociña Vexetariana”, “Cociñando Sushi”, “Pratos Ricos de Cogomelos”, “Amasar e hornear” ou a opción infantil de "Cociña para nenos”.

Comentarios