Leite Río sostén que non forma parte das empresas sancionadas

Jesús Lence,  máximo responsable de Leite Río, desvinculouse do grupo de nove empresas e dúas asociacións multados con 88 millóns de euros pola repartición do mercado de aprovisionamento de leite cru, segundo sostén na súa web axénciaa Europa Press.

''Eu persoalmente puxen en dúbida este sistema de prácticas. Nós non estamos en ningunha asociación, iamos por libre. Non tivemos reunións con esta xente", asegura o empresario. Lence, que respecta a sanción da CNMC, apunta a que non a comparte polo duro golpe que suporá nestes momentos para as empresas afectadas.

Comentarios