Legado do Conde 2007

Zona: D.O. Rías Baixas. Colleita: 2007. Uva: Albariña.  Maridaxe: Arroz caldoso con bogavante.  Grao: 12,5%  vol. Temperatura de consumo aconsellada: 10-12º

Atopámonos en Albeos, Crecente, localización de Adegas Morgadio SL. O motivo da nosa visita é o de coñecer a adega onde se elaborou Legado do Conde 2007 un viño da variedade albariño que está entre os cen mellores do mundo segundo Wine Spectator na súa edición de 2008.

A clave desta adega, que conta con 60 hectáreas de terreo cultivadas, é a correcta orientación das vides, así como a súa localización e o feito de dispor de viñedos propios para aplicar neles as técnicas dunha viticultura moderna co fin de obter unha uva da maior calidade.

Amarelo
De cor amarela, con boa intensidade, asoman escintileos dourados con gran brillantez.

En nariz enchen os seus aromas primarios de froita cítrica e aromas doces que se combinan con notas frescas de herbas.

Outorga un paso de boca fresco, cunha acidez ben axustada que permite apreciar a súa cremosidad nun longo e elegante percorrido, deixando unha intensa retronasal que nos devolve á froita, esta vez con máis recordos de atractiva froita de pulpa branca.

Comentarios