Les Alcusses 2007

vino(30_2011) Les Alcusses 2007.JPG
photo_camera vino(30_2011) Les Alcusses 2007.JPG

Zona: D.O. Valencia, subzona Clariano. Colleita: 2007. Maridaxe: Arroz ao forno con magro de porco e salteado de verduras. Graos: 14% vol. Temperatura de consumo aconsellada: 16-18º.

Retomamos o camiño do viño visitando un lugar no que a súa presenza é anterior á chegada dos romanos, aínda que con ela o viño adquiriu gran importancia. É a denominación de orixe Valencia, e centrarémonos no proxecto de Celler de Roure. É unha pequena e nova adega familiar no municipio de Moixent, onde se reparten uvas como ‘petit verdot', ‘syrah', ‘cabernet sauvignon', ‘merlot' e as autóctonas ‘monastrell' e ‘mandó'. Na recuperación desta última, case extinta, pon o seu empeño o propietario da adega Pablo Calatayud, quen desde hai algúns anos elabora un dos seus viños coa presenza desta uva. Ademais, ten varias liñas de investigación abertas en colaboración coa Universidade Politécnica de Valencia.

Cata

Presenta unha cor vermella picota con ribete violáceo de boa capa, brillante e con bágoa. En nariz é de boa intensidade con notas de froita negra inicialmente e vermella ao airear, especias, balsámicos e lixeiros tostados. En boca resulta moi equilibrado, con adecuada intensidade e final de boa lonxitude.

Comentarios