Liberado un condutor que sufriu un accidente en Maside

Efectivos de Protección Civil do Carballiño (Ourense) liberaron este luns pola mañá a un condutor que quedou atrapado no interior do vehículo que conducía, segundo informou o 112.

O accidente ocorreu na AG-53, na incorporación á AG-54, á altura da localidade ourensá de Maside. Nada máis recibir a alerta dun particular, pasados uns minutos das 07:30 horas, o 112 Galicia avisou a Urxencias Médicas e aos efectivos de Protección Civil do Carballiño que se desprazaron ata o punto co equipo de excarceración. Tamén se requiriu a intervención dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Comentarios