Liberan a unha muller tras saírse da vía co seu vehículo en Baltar

A vítima non resultou ferida

Unha muller foi excarcerada ao saírse da vía co seu vehículo en Baltar. O accidente tivo lugar na parroquia de Abades, concretamente no lugar de Sabucedo dos Peros. A muller implicada no sinistro informaba do seu estado ao Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia ás 09.00 horas deste sábado. Segundo o seu relato, non estaba ferida, pero se atopaba atrapada no vehículo. 

Ata o punto desprazouse unha dotación dos Bombeiros de Xinzo cun equipo de excarceración. A muller foi liberada do interior do coche, que quedou envorcado na estrada. Ademais, achegáronse ao lugar os servizos sanitarios. Non foi necesario o traslado da vítima. 

O CAE 112 Galicia pasou o aviso, tamén, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil.

Comentarios