O 'Outono Gastronómico'
xa está aquí

Vinte e sete casas de turismo rural que agrupa Turismo de Galicia na provincia da Coruña sumáronse este ano ao Outono Gastronómico, en marcha desde esta fin de semana ata o 14 de decembro e que permitirá aos usuarios beneficiarse de paquetes de desconto en menús e plans de menú + aloxamento en establecementos de toda Galicia adheridos ao programa.




A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, presentou a semana pasada na Coruña a oitava edición desta iniciativa, que arrincaba oficialmente esta fin de semana.

Explicou que o programa ten por obxectivo dinamizar o turismo no terreo rural, promocionar a gastronomía galega, desenvolver a oferta complementaria neste segmento e favorecer a desestacionalización neste período no que a natureza de Galicia permite gozar de estancias moi singulares.

A delegada territorial ha resaltado que o turismo rural segue crecendo nas provincias, pois no que vai de ano, 30.139 viaxeiros escolleron algún municipio coruñés como destino de turismo rural e os establecementos rurais contabilizaron un total de 50.987 pernoctacións. "O turismo rural galego é líder do Estado en Certificacións Q de Calidade Turística, o que mostra o compromiso deste sector coa calidade e o bo facer", comenta a través dun comunicado.

Nesta oitava edición, que comeza este mesma fin de semana e finalizará o 14 de decembro, as casas rurais adheridas á promoción Outono Gastronómico ofrecen varias posibilidades.

Pódese elixir un menú, valorado en trinta euros, con Denominación de Orixe galega, un paquete que inclúe menú, aloxamento e almorzo por setenta euros por persoa ou 110 para dúas e a oferta completa do fin de semana, por 190 para dúas e con dúas noites, que pode ser tamén familiar.

Comentarios