Cábalas, títulos e o polbo Paul entran en conxunción no Carballiño

O Goberno municipal do Carballiño decidiu tramitar por primeira vez un expedente para distinguir co título de "Amigo Predilecto" da vila ao polbo alemán Paul, residente no acuario "Sea Life" de Oberhausen, en agradecemento á repercusión internacional que tivo O Carballiño, capital galega do polbo "á feira",  polas súas predicións e acertos sobre os resultados do Mundial de fútbol rematado o pasado domingo coa vitoria da Selección de España.

Preparación da festa con Paul e a Selección

Mentres 30 toneladas de polbos permanecen conxelados á espera de encher as mesas da multitudinaria festa do día 8 de agosto, o seu conxénere Paul podería achegarse á vila carballiñesa ou polo menos ata o acuario "Sea Life" de Benalmádena (Málaga) onde podería recibir esta semana a visita dunha representación oficial do Carballiño.

O alcalde Carlos Montes, segundo un comunicado, cursou tamén invitación a todos os integrantes da Selección española de fútbol que se proclamou campioa do mundo, ao seu adestrador Vicente del Bosque, ao presidente da Federación Española de Fútbol Angel María Villar e ao Secretario de Estado para o Deporte Jaime Lissavetzky.

Supersticions e interese mediático internacional

Aos prolegómenos da festa uníronse xa varios medios de comunicación televisivos procedentes de Holanda, Alemaña e Estados Unidos interesados, segundo fontes do concello, en saber se o polbo Paul asistirá ou non á celebración e en que consistirá o recoñecemento oficial.

Tamén se sumou aos preparativos o pulpeiro do pobo de Arcos coñecido como "Pego" que, segundo un comunicado oficial, pertence a unha familia cuio número de referencia foi sempre o 8 e, casualmente, ese é o número da camiseta do autor do gol que deu o Mundial a España, Andrés Iniesta, pero tamén é o número de tentáculos de todo polbo e o número de predicións realizadas polo alemán Paul durante o mundial.

Ademais, o 8 forma parte do número 80 que son os anos de historia do Mundial, 8 foron os goles de España nese campionato de 2010 e o gol de Iniesta foi marcado no minuto 116, cuias cifras sumadas dan oito.

A conxunción final "descuberta" por "Pego " está no feito de que a festa do Polbo do Carballiño deste ano 2010 será o día 8 de agosto (é dicir, do mes 8) e será a sua 48 edición.

A cábala ou superstición queda redonda se se acode ás hemerotecas pois a Lotería Nacional tocou no Carballiño durante unha Festa do Polbo, a do 13 de agosto do ano 1978 e con tanta coincidencia, os organizadores da festa deste ano auguran que asisitirán máis de 80.000 persoas á celebración no parque municipal.

Comentarios