En Celanova, cogomelos todo o ano

Ricardo Mínguez, cultivador de setas
photo_camera Ricardo Mínguez, cultivador de setas

O técnico agroforestal, afeccionado aos cogomelos e autor de varios libros de micoloxía Ricardo Mínguez, leva 25 anos organizando as "Xornadas micolóxicas de Celanova", como relator noutros lugares de Galicia e empapando a toda a súa familia da curiosidade polo mundo dos cogomelos, que cada vez conta con máis afeccionados en Galicia a pesar do rexeitamento tradicional por ese produto silvestre, pola súa asociación coa bruxería e pola mala fama que as envolve en cada intoxicación tras recollelas e preparalas sen ter suficiente información, segundo explicou a GG

Poucos nomes galegos de cogomelos

A "micofobia" galega compróbase pola escaseza de nomes propios galegos para identificar os cogomelos máis comerciais e entre as silvestres tampouco hai moitos e case todos peiorativos como "pan de cobra" "pan do demo", "peido de lobo", "pan de sapo" e algúns máis.

O xenérico é Cogomelos ou Cogumelos e tamén podemos falar en galego dos comestibles e apreciados Cogordos (Macrolepiota Procera) tamén chamados Roquiños ou Choupíns, as apreciadas en guarnicións para carnes Trompas dos Mortos (Cantarelus Cornucopioides) e os coñecidos Champiñóns ou Bolas de Neve (Agaricus Bisporus), entre outros.

Pouco cultivo comercial en invernadoiro: Celanova entre os pioneiros

En 500 metros cadrados de invernadoiro cuberto de plástico opaco de cor verde, Mínguez iniciará o cultivo de "Pleutorus Ostreatus", "Agaricus Bisporus" ou champiñon de París, (quizá o cogomelo cultivado en Europa dende fai máis tempo, onde comezou a aproveitarse no século XVII), a asiática "Shitakee" ou "Lentinus Edodes" e tentará tamén, polo seu interese comercial,  as "Coprinus Comatus" e "Lepista Nuda", todas elas naturais en Galicia excepto a asíática.

A diferenza da recolección de cogomelos silvestres, moi estacional e só posible uns días na primavera e outono, o cultivo permite ter cogomelos na mesa durante todo o ano pois, segundo explicou Mínguez, existen cepas xa adaptadas a variacións de humidade, luz e temperatura que facilitan a súa produción graduada, en condicións controladas.

O cultivo podería facerse a partir de "micelios" silvestres pero algúns ensaios caseiros levaron a Mínguez á conclusión de que é moi laborioso e menos produtivo pois leva mesturadas outras raíces e "micelios" de diferentes cogomelos.

Os referentes para o cultivo previsto en Ponte Fechas (Celanova), a beira do río Orille, están nas explotacións de cogomelos da empresa Porto-Muiños, de Cambre (A Coruña) e en Lugo, as de "Champivil", ademais das viaxes anuais que a familia Mínguez fai a Soria, principal zona española en produción de "Lactarius Deliciosus" e a impagable "trufa".

As principais producions comerciais en España danse en Cataluña, La Rioja y País Vasco.

Para venda e autoabastecimiento

O proxecto micolóxico de Celanova suporá a venda en fresco das variedades cultivadas e outro destino será o autoconsumo no bar "Tapas e cogomelos" situado nas galerías comerciais máis antigas da vila.

No bar familiar de Mínguez xa se poden degustar cada día tapas de Pleurotus  á nata, Champiñón ao alliño, barriñas de Boletus,  crema de champiñón, empanada de cogomelos e a fabada de Cogordos  e Boletus, todos eles presentes tamén no menú, algo infrecuente en Galicia e o propio titular só coñece outros dous bares con esta presenza continua de cogomelos, pero están en Zamora.

Produción galega

Segundo datos das empresas "Hifas da Terra" e "Champivil", a venda de cogomelos frescos en Galicia rolda os 300.000 quilogramos cada tempada, dos que mil son recollidos en outubro, novembro e decembro, pola lucense "Champivil".

As empresas galegas céntranse no seu maior parte na recolección dos cogomelos silvestres e no envasado para a súa comercialización, como a envasadora "Silvestris" de San Cristovo de Cea (Ourense). O cultivo en invernadoiros durante todo o ano non está desenvolvido pero si o está outra forma de cultivo chamada "micorrización" que consiste en inocular o "micelio"  de cogomelo en raíces de árbores como piñeiros, castiñeiros e outros.

Este tipo de experiencia é práctica cada vez máis habitual nas comunidades de montes galegas, como forma de valorizar o chan forestal, difundir e sensibilizar sobre a importancia do medio ambiente e como posibilidade de explotación comercial, tal como fixeron na Mancomunidade de Montes de Vigo, cuxo secrtario Marcos Araújo, explicou a GG que os resultados obtidos tras "micorrizar" dúas hectáreas de árbores, son moi bos.

"Empezamos esta experiencia hai dous anos e micorrizamos con Boletus Edulis, Lactarius Deliciosus e Rusula Cynoxantha, e agora que temos moitos cogomelos nalgúns lugares queremos camiñar cara á constitución dun couto micolóxico, como os que xa hai en Cataluña, onde o aproveitamento dos cogomelos é tradicional".

A Mancomunidade de Montes de Vigo reúne a comuneiros de 13 parrroquias da cidade olívica, desde Saiáns no sur ata Teis, no norte.

Algunhas aulas e xornadas micolóxicas

- X Aula Micogastronómica "A Fervenza", o día 13 de novembro na Reserva da Biosfera "Terras do Miño",no municipio lucense do Corgo, con actividades de maridaxe de cogomelos, viños e cociña de outono

- II Xornadas "Cociña con cogumelos" entre os días 12 e 14 de novembro no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo, organizadas pola asociación micolóxica "Lucus"

- Jornadas micológicas en A Estrada desde el día 8 hasta el domingo 14 de noviembre con cursos de varios niveles de conocimiento, salida al campo para el día 13 y exposición, juegos tradicionales y la segunda "Foliada: Tápalle o Micelio" con varios grupos musicales, el día 14.

- II Outono Micolóxico en Negreira los días 17 al 20 de noviembre con conferencias, salida al campo el último día y comida-degustación.

-XIII Xornadas Micolóxicas en Bueu entre el martes día 13 y el sábado 27, con ponencias, exposición de setas y fotografías y una salida al monte el día 27.

- XX Outono Micolóxico de Vilagarcía a cargo de la asociación "A Cantarela"

- XXX Xornadas Micolóxicas en Monforte de Lemos a cargo de la asociación "Os Lactouros"

Comentarios