Os melindres, unha sobremesa moi galega

Ingredientes:

250 gramos de fariña de trigo, 6 xemas de ovo, 1 cucharada de manteiga cocida de vaca, e jarabe de azucre.

Preparación:

Se amasan as xemas de ovo, a manteiga (previamente diluída e fría) e a fariña.

Cando a masa está ben ligada estírase, córtanse unhas tiras duns 10 centímetros e dáselles forma cilíndrica. Xúntanse os extremos dándolles forma de rosquillas (ao medrar a masa o oco é case imperceptible). Pódese usar o truco de anudar unha tira ao redor do dedo índice cortando o que sobre.

Colócanse nunha bandexa de forno, previamente enharinada, e déixanse repousar unha hora e media. Mantense o forno a 230 graos durante uns 20 minutos. Cando collen unha cor de castaña non moi escuro retíranse. Déixanse arrefriar e agárdase entre un e dous días. Báñanse con jarabe de azucre a piques de fío dándolle voltas ata que comezan a pegarse entre eles. Déixanse secar. Poden aguantar un mes en boas condicións.

Variantes: en Ponteareas engádeselle un pouco de gran de améndoa; en Silleda pódeselles botar anís ou mel e en Allariz pódese substituír a fariña de trigo por améndoa moída ou mesturada con fariña.

Comentarios