Os xornalistas americanos, que visitaron o D. O. Rías Baixas, soprendidos pola calidade

Seis xornalistas americanos visitaron durante a pasada semana o D.O. Rías Baixas para profundar os seus coñecementos sobre estes viños. Durante estes días, os profesionais estadounidenses tiveron a oportunidade de visitar diferentes adegas, que están dentro da campaña de promoción de Estados Unidos, tamén de ver viñedos, así como de probar diferentes viños elaborados nesta Denominación de Orixe, e maridarlos coa gastronomía galega.

O que máis sorprendeu aos profesionais, que acudían por primeira vez a esta Denominación de Orixe, foi o viñedo propio deste D.Ou: en sistema de emparrado e o minifundio galego. Ademais chamoulles moito a atención a aposta polas variedades autóctonas nesta denominación e as outras variedades acollidas por este Consello, que é moi coñecido pola súa variedade estrela a albariño. En canto aos viños do D.O. destacaron a súa gran calidade, as súas posibilidades de garda, así como os viños varietales. Esta viaxe permitiulles coñecer un maior número de marcas de viños que tamén están presente no mercado americano pero que, ata o momento, eran descoñecidas para algúns.

Finalmente, os xornalistas destacaron a conxunción entre modernidade e tradición das adegas  de Rías Baixas, nalgún caso son pazos ou casas solariegas que no seu interior contan coas últimas tecnoloxías. Ademais resaltaron o coidado sanitario das adegas, así como  os controis de calidade realizados tanto polo órgano certificador como polas empresas.

A actividade está enmarcada dentro da campaña de promoción en Estados Unidos, que este Consello Regulador desenvolve, por quinto ano consecutivo, conxuntamente co ICEX e o IGAPE.

Este grupo de expertos está especializado no mundo do viño e colabora con diferentes publicacións, tamén algúns en webs e blogues, así como en programas de televisión e radio. Ademais deste perfil profesional, tamén destaca a participación dalgún deles en conferencias e cursos, así como de xurado dalgún certame ou, incluso, como autores de guías e de libros.

Comentarios