Os 'Rías Baixas', os viños galegos mellor valorados na 'The Wine Advocate'

A guía máis prestixiosa do mundo do viño, 'The Wine Advocate', puntúa na súa última edición a 35 viños da Denominación de Orixe Rías Baixas. Robert Parker mantén a súa aposta por estes caldos, convertendo a denominación de orixe na máis destacada na comunidade autónoma.

O prescriptor máis influente do viño destaca a súa "boa acidez subxacente e unha rica sensación no padal", así como a súa “textura, non moi diferente da dun Condrieu de gran anada”, sinala a publicación.

Os viños seleccionados contan con altas puntuacións, entre os 85 e 92 puntos, valoracións sobresalientes en viños brancos sen crianza. Nesta ocasión, Robert Parker aposta polas 'rías baixas' albariños da anada 2007.

Ademais, recomenda a súa maridaxe con lagosta, queixos aromáticos ou cociña asiática.

Triunfo en EEUU
Este Consello Regulador acolleu a noticia con optimismo, ao constatar que a aparición dos viños da denominación na prestixiosa guía axuda a que as súas vendas se multipliquen no mercado americano.

Neste sentido, no seminario sobre o mercado do viño en Estados Unidos, organizado polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas hai un par de semanas, constatábase que ditos caldos son moi versátiles para o consumidor estadounidense e adáptanse moi ben aos seus hábitos de consumo, pois á parte de gozarse sos maridan perfectamente con diferentes cociñas.

Comentarios