Os viños das Rías Baixas fanse un nome no mercado americano

Viñedos de la región
photo_camera Viñedos de la región

Máis de 22 adegas adscritas á Denominación de Orixe Rías Baixas participaron hoxe nun seminario sobre o mercado do viño celebrado en Estados Unidos. Na reunión presentáronse as actividades previstas para este ano no país, onde Rías Baixas realizará unha campaña de promoción por quinto ano consecutivo en colaboración co Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX) e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

Os relatores da xornada foron Rosa Angulo, xefa de viños o ICEX; Casto Varela e María Dores García, do IGAPE; José Guera de ofíciaa comercial de Nova York, e persoal da axencia americana.

A xefa de viños do ICEX fixo referencia durante a súa presentación ao incremento do 8% experimentado polo conxunto dos Viños de España e declarou que seguirán "apostando" polo mercado estadounidense, o terceiro importador de viños españois tras Alemaña e o Reino Unido.

Pola súa banda, a representante do IGAPE realizou un repaso polas diferentes axudas á internacionalización ás que poden acceder as empresas galegas, mentres que o representante da oficina comercial de Nova York expuxo a situación actual do mercado do viño estadounidense, onde destacou que os viños de España''son os mellor situados do continente europe''.

Actividades en EEUU

Entre os eventos que levarán a cabo destacan a 'Great Match' en Chicago, Nova York e Houston, as viaxes de prensa, un evento para catadores en Chicago e Los Ángeles, un seminario e comida en Nova York, un concurso de receitas e unha ruta de tapas dirixida a xornalistas de Philadelphia e Nova York.

Comentarios