Luns con temperaturas en ascenso

Unha masa de aire cálido entrará na comunidade

Este luns virá marcado en Galicia pola entrada de aire cálido en superficie.

Así, nas primeiras horas os ceos estarán parcialmente cubertos no terzo norte con progresiva diminución das nubes co avance do día, mentres que no resto da Comunidade xa se amencerá cos ceos despexados.

Ao final da tarde irá entrando aire frío nas capas altas da atmosfera, o que aumentará a inestabilidade, con formación de nubes de tormenta na metade sur que deixarán chuvascos na madrugada do martes.

As temperaturas ascenderán, especialmente as máximas. Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos con intervalos de moderado no litoral norte.

Temperaturas extremas previstas nas cidades:
A Coruña 18° 26°; Ferrol 18° 27°; Lugo 13° 29°; Ourense 16° 36°; Pontevedra 17° 32°; Santiago de Compostela 17° 30° e Vigo 17° 32°. 

Comentarios