Magosto na Rúa

A Rúa acollerá este sábado 29 de Outubro a celebración do tradicional magosto do municipio. A partir das 19:00 da tarde comezarán os preparativos da festa tradicional onde todos os que se animen a asistir ao evento poderán degustar castañas asadas, viño, queimada e 'bolos preñados'.
 
O prezo das entradas para a cita gastronómica será de dous euros e estará a disposición de todos os interesados no Concello.

Comentarios