Martes de contraste térmico: baixan as mínimas, pero volve o sol

O ceo amencerá cuberto no terzo norte e podería incluso orballar

tiempo

Este martes espéranse ceos cubertos no terzo norte de Galicia, incluso coa posibilidade dalgún orballo, mentres que no centro e sur da comunidade o ceo permanecerá pouco nubrado ou despexado.  Segundo a información publicada por Meteogalicia, as temperaturas descenderán, especialmente os valores diúrnos. 

Deste xeito, nas grandes cidades galegas as máximas subirán ata alcanzar os 28 graos en Ourense e os 23 en Lugo e Pontevedra. En canto ás mínimas, os termómetros caerán ata marcar os seis graos na cidade amurallada e na Boa Vila. Será, polo tanto, unha xornada de contraste térmico, cunha importante diferenza de temperaturas en función do momento do día.

Comentarios