Martes de ceo gris

O martes, Galicia continuará nunha situación intermedia entre unha borrasca situado ao oeste de Irlanda e un anticiclón ao sur da península Ibérica. 

Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con máis nubes no litoral de Pontevedra e oeste da provincia da Coruña onde se rexistrarán orballos, e menos nubes canto máis ao leste da Comunidade. 

Segundo a información de Meteogalicia, o vento soprará de compoñente sur, forte no litoral e zonas altas. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente, e as máximas permanecerán sen cambios. 

En concreto, por cidades, as temperaturas máximas oscilarán entre os 15 graos da Coruña, Ferrol ou Vigo e os 11 de Lugo, mentres que as mínimas estarán entre os 5 graos de Lugo e os 10 de Vigo. 

Comentarios