Martes de moita choiva

Captura
photo_camera Captura

Este martes unha fronte moi activa atravesará Galicia, o que deixará de novo unha situación de temporal de choiva e vento. Deste xeito, espérase ceo moi nubrado ou cuberto con choivas que serán máis intensas e persistentes pola mañá e que pola tarde irán quedando en forma de chuvascos intermitentes. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará de compoñente sur, forte en xeral pola mañá. A súa intensidade diminuirá progresivamente. 

Pola súa banda, as temperaturas experimentarán un ascenso, que será máis acusado nas mínimas. Deste xeito, as máximas subirán ata os 15 graos en Ourense, mentres que os valores mínimos descenderán ata os sete graos en Lugo. 

Comentarios