Martes de estabilidade: volve brillar o sol en toda Galicia

Mapa con la previsión de Meteogalicia
photo_camera Mapa coa previsión de Meteogalicia

Continúa o tempo seco na comunidade galega. O anticiclón mantense situado sobre a península Ibérica, polo que non se esperan cambios significativos na situación meteorolóxica en Galicia. Haberá bancos de néboa matinais e ceos despexados en xeral, con nubes altas co avance do día. E aínda que volverá brillar en sol, as temperaturas seguirán baixas. 

Polo xeral, as temperaturas mínimas seguirán estables na comunidade e as máximas ascenderán lixeiramente. Así, os termómetros só marcarán en negativo na capital lucense (-1º), mentres que en Pontevedra, Ferrol ou Santiago non baixarán de catro graos.

En canto ao pico de calor, tocarán teito nos 12 graos en Lugo e subirán ata marcar 16º na Boa Vila e Vigo.

Comentarios