Cata de augardentes e licores tradicionais en 'Gourmets'

Máis de 32 profesionais participaron este luns nunha cata realizada polo Consello Regulador das Denominacións Xeográficas de Augardentes e Licores tradicionais de Galicia na XXIII de Gourmets do 30 de marzo ao 2 de abril en Madrid.

Hoxe celebrouse ás 17:00 unha nova cata organizada polo Consello Regulador na sala de catas da caseta da Consellería de Medio Rural.

Nesta cata os profesionais avaliarán unha augardente de bagazo de albariño, un de herbas e dous licores. Un de café e o outro de herbas. Pero por se isto fose pouco, a caseta da Consellería de Medio Rural acolle a sete adegas da que contan entre os seus produtos con estes destilados con sinal de calidade.

As Augardentes e Licores tradicionais galegos son habituais no recinto feiral da Casa de Campo de Madrid. E crecente é o número de asistentes desexosos de obetener información a preto dos mesmos. Carmen Otero, secretaria do Consello Regulador admite que ''para as augardentes e licores tradicionais galegos, este salón é unha cita ineludible, posto que é unha manerda de dar a coñecer ao prescriptor o traballo deste Consello Regulador''

Gourmets, é un salón internacional dedicado aos produtos de bebida e alimentación de calidade. Nesta edición o salón contará con 1.300 expositores e preto de 40.000 produtos expostos.

En canto ao país invitado, nesta edición trátase dunha das gastronomías máis prestixiosas e reconocibles no mundo: Italia.. Pero ademais tamén participarán Australia, Brasil, Canadá, China, Estados Unidos, Xapón, Rusia, Singapura ou Sudáfrica entre outros.

Comentarios