Medio rural aposta por potenciar o D. O. Monterrei

O conselleiro de medio rural, Samuel Juárez Casado, recibiu ao presidente do Consello Regulador do D. O. Monterrei, Antenio Méndez Atanes xunto coa directora xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais, Alejandra Álvarez de Mon Rego.

O obxectivo desta reunión é a de potenciar os viños nunha zona onde a produción vitivinícola supón unha importante parte da economía. Tamén se tratou a presentación de plans de futuro para dar forza á Denominación de Orixe, buscandoi sempre favorecer a presenza de viños galegos, non só dentro de Galicia, sinó tamén a nivel nacional e internacional.

A zona amparada pola Denominación de Orixe Monterrei atópase na comarca de Verín, constituída polas subzonas do Val de Monterrei e Landeira de Monterrei. Abarca catro tipos de viños moi diferentes: branco de Monterrei, branco de Monterrei superior, tinto de Monterrei e tinto de Monterrei superior. A esta denominación de orixe foille recoñecida por Orde da entón Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 22 de decembro de 1992.

Comentarios