Mexillón, sardiña e polbo nas Festas do Verán de Vigo

Presentación de las Fiestas de Verano de Vigo 2008 (Foto: AGN)
photo_camera Presentación de las Fiestas de Verano de Vigo 2008 (Foto: AGN)

O tenente de alcalde de Vigo, Santiago Domínguez, e o concelleiro de Cultura, Xesús López, presentaron esta mañá as citas gastronómicas da ampla programación das Festas de Verán de Vigo 2008, xunto cos seus respectivos responsables.

O mexillón, a sardiña e o polbo estarán acompañados nesta ocasión pola primeira edición da Mostra de Artesanía e Gastronomía que se celebrará na Zona vella do 8 ao 16 de agosto.

En rolda de prensa, Domínguez sinalou que estes elementos son fundamentais en calquera programación lúdica, primeiro “para que os cidadáns poidan visualizar o traballo que realizan os artesáns e porque a gastronomía forma parte da nosa propia historia” e “porque non hai outra máis rica que a galega”.

Mentres, o concelleiro de Cultura, Xesús López, invitou a todas os vigueses a participar nestes eventos gastronómicos, que arrincan este domingo, día 27 de xullo, coa celebración da Festa do Mexillón no Parque de Castrelos. Serviránse 4.000 quilos deste produto do mar, acompañado de empanada.

Sardiña
O día 2 de agosto o Monte da Guía acollerá unha nova celebración da Festa da Sardiña, na que este ano está previsto servir 1.500 quilos deste peixe, que poderá degustarse con 500 quilos de pan de millo. Tamén haberá tortillas, churrasco e empanada.

Polbo
O ensalzamiento do polbo será o próximo día 10 de agosto no Monte dos Pozos de Valadares. A música e as actividades infantís ao longo da xornada acompañarán ás 1.600 racións de polbo que se servirán nesta celebración.

Comentarios