Pescada

A pescada é un peixe que vive a ambos os dous lados do Atlántico, no Mediterráneo e no Pacífico, fronte ás costas de Estados Unidos, México, Chile e Nova Zelandia. A pescada ten un contido graso baixo.

Ingredientes:

  •  Un taco de pescada
  •  Cebola
  •  Un pemento verde
  •  Un allo porro
  •  Guisantes


Elaboración:
Quitamos todas as espiñas á pescada, pómola en aceite tépedo e confeitámola. Confeitar é a acción de cociñar un alimento en aceite quente co recipiente tapado para lograr o seu cocción sen que se doure. Xeralmente utilízase en allos, cebolletas e peixes. Para realizar a técnica de confeitar é moi importante a temperatura do aceite, que non debe exceder os 90 graos centígrados nin baixar de 70. O alimento cócese lentamente ata que se abrande, ben tapado para que non tome cor.

Nunha pota botamos a refogar nun pouco de aceite a cebola, o allo porro e o pemento. Cando estea a verdura lista, subimos o lume e engadimos os guisantes. Seguidamente, cubrimos con auga o guiso e deixamos cocer.

Cando estean cocidos triturámolos, pómolos sobre un prato e colocámoslles a pescada encima.

Comentarios