O mércores alternarán nubes e claros, con posibilidade chuvascos tormentosos

Previsión del tiempo para este miércoles en Galicia.MATEOGALICIA
photo_camera Previsión do tempo para este mércores en Galicia.MATEOGALICIA

O mércores aumentará a inestabilidade atmosférica xa que por unha banda entra o aire frío nas capas altas da atmosfera e pola outra ascenden as temperaturas en superficie en Galicia.

Así, os ceos alternarán nubes e claros en xeral, con máis nubes baixa no terzo norte. Na segunda metade do día aumentarán as nubes de evolución que poderán deixar algún chuvasco de carácter tormentoso pola tarde, no interior.

As temperaturas estarán en ascenso, lixeiro nas mínimas e moderado nas máximas. 

O vento soprará frouxo do nordeste, sendo forte na Costa da Morte. 
 

Temperaturas previstas nas cidades:

A Coruña 16° 28°
Ferrol 18° 27°
Lugo 13° 26°
Ourense 15° 33°
Pontevedra 17° 26°
Santiago 15° 30°
Vigo 18º 26°

Comentarios