Mércores pasado por auga

As temperaturas experimentarán un moderado descenso
Mapa con la previsión de Meteogalicia
photo_camera Mapa coa previsión de Meteogalicia

Este mércores espérase a chegada dunha fronte impulsada cara a Galicia por unha borrasca situada ao sur de Irlanda. Así, prevese unha xornada de ceos parcialmente nubrado e con choivas que serán febles pola mañá e máis probables na metade oeste. Xa pola tarde, haberá chuvascos ocasionais en calquera punto da comunidade.

Segundo a información publicada pola Meteogaliciadependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará do suroeste frouxo pola mañá e irá virando a compoñente norte co avance da xornada. Pola súa banda, as temperaturas experimentarán un moderado descenso. 

Deste xeito, nas grandes urbes galegas as máximas subirán ata os 22 graos en Ourense e os 19 en Pontevedra ou Lugo, mentres que os valores mínimos descenderán ata os nove na capital lucense, ata os dez en Compostela e non baixarán dos doce graos na Boa Vila, a cidade das Burgas, A Coruña, Ferrol e Vigo. 

Comentarios